>>

 



Inscrição

Download Regulamento e Panfleto de Apresentação

Download Imagem de Alta Resolução


“Conta onde vives”: unha reflexión do territorio a través do audiovisual


As asociacións Ponte… nas ondas! e Morraceira puxeron en marcha o concurso “Conta onde vives” no que se propón a análise do territorio por medio do audiovisual. Esta proposta enmárcase dentro do obxectivo de complementar de novo a Candidatura á UNESCO do Patrimonio Inmaterial galego-portugués que se pretende formular no presente ano.

“Conta onde vives” ven a engrosar as actividades que se centrarán en torno ao XIVª edición de Ponte… nas ondas! que terá lugar o 6 de xuño mais a visibilidade das pezas gañadoras terá lugar no Filminho, un festival transfonteirizo de cinema que decorrerá entre o 22 e o 27 de xullo en Vila Nova de Cerveira e Goián (Tomiño).

Ata o 17 de maio está aberto o prazo para recibir estas pequenas pezas audiovisuais inferiores a cinco minutos nos que contar en base a sons e a imaxes do lugar onde se vive. Este certame está pensado para que a os rapaces, e quen se gaben de selo, participen neste concurso baseado en contar as peculiaridades do medio no que viven. A paisaxe é, sen lugar a dúbidas, o elemento máis deteminante dunha cultura. As miradas sobre a natureza e os hábitats que conforman un territorio estableceran un tecido significativo dos valores patimoniais deribados desta particular relación de adaptación do ser humano.

En “Conta onde vives” teñen cabida calquera gravación en video no que se amose do mellor xeito esta vinculación do home co territorio, para iso pódese recorrer ao formato de reportaxe, crónica, denuncia, documentario, viaxe, encontro… Unha chea de perspectivas cos que se pretende implicar á rapazada na necesidade de documentar as peculiaridades do Patrimonio Inmaterial Galego-portugués.

Desta maneira á ferramenta audiovisual eríxese como o mellor vehículo para abranguer a tradición, interpretala desde o presente documentala para o futuro. A especial acollida entre a xente nova leva ás novas tecnoloxías da imaxe a permitir unha reactualización da relación entre a etnografía e os medios audiovisuais. “Conta onde vives” convoca aos espíritos de Robert Flaherty e de Jean Rouch para cultivar e fomentar as miradas sobre o territorio.